jueves, 29 de marzo de 2012

BENVIDOS DE NOVO !

As boas cousas sempre se fan de rogar, e non ía a ser menos a SD Ribadeo-Veteranos. Non é extrano a ninguén a severa transformación que ten que vivir este equipo para as vindeiras etapas logo da fuxida masiva de xogadores, nuns casos inevitabeis debido as lesións e noutros...... entendemos que volven as "orixes". Pero este proxecto que todavía está no berce logo da aparición en estela do ano pasado ten pensado dar moita guerra e xa as novas caras aparecerón fai quince días polo campo de Outeiro, donde o reencontro neste anos cos terreos de xogo enfrontábanos nun partido amistoso contra os compañeiros de Cudillero. O resultado neste caso foi o de menos, xa que outras cousas eran mais importantes nesa tarde, de todos modos a SD gañou por tres goles a cero. O longo dos vindeiros días seguiremos informando coma sempre se soía facer das actividades desta escuadra.